Webinar: Ampliando a mirada a outras realidades: confinamento, educación e accesibilidade.
Para iniciar o ciclo de Webinar de FOANPAS contamos coa presencia de 3 poñentes que nos falaran dende a sua experiencia.

Para iniciar o ciclo de Webinar de FOANPAS contamos coa presencia de 3 poñentes que nos falaran dende a sua experiencia.
Esta fin de semana deberíase celebrar o Encontro de Educadoras/es pola Paz, por mor da situación de confinamento que estamso a vir tivo que ser suspendido a espera de mellores datas noas que podelo celebrar con garantías.
Adolescentes con ansiedade por culpa da incertidume dos próximos exames, ou que se pechan nos seus cuartos co móbil e non queren saír nin para comer, que van durmir ás tres da mañá, que están enganchados ás redes …
Despois de mais dun mes seguido en confinamento nunha casa cunha menor que estuda nun centro de necesidades especiais, quero facer as seguintes reflexións… Read More »Necesidades especiais, medidas excepcionais.
O 19 de Abril, dimos por rematado o proceso de recollida de datos na enquisa que difundimos entre as familias das diferentes ANPAS que… Read More »Resultados da enquisa realizada por Foanpas sobre o confinamento.
Dende a Comisión de convivencia de FOANPAS estamos tentando crear un foro de debate onde as comunidades educativas, todas as persoas implicadas nelas, todas as axentes das comunidades educativas participen e teñan voz.
Pese a levar adicada ao ensino varias décadas , xa hai meses que me decatéi de que en realidade levo media vida aprendendo deles…eses seres tan sabios que saben e sinten sen artificios, que coñecen o valor- e non o precio- das cousas importantes da vida, valentes con maiúsculas , tan xenuinos e imprescindibles que ata o virus sabe que ten que respectalos. Pero parece que nós non damos aprendido a mirar coma eles, pese a que se nos encha a boca falando da importancia das emocións, de inclusión, das competencias básicas,de igualdade, da educación en valores e de unha chea de cousas das que pensamos con gran osadía que sabemos moito…
Comparto moitos dos aspectos xa expostos, como o da brecha dixital de moitos alumnos e alumnas que, nestes momentos, se pon máis de manifesto pola situación que atravesamos; mais gustaría encamiñar a miña reflexión a pór en cuestión o currículo e as metodoloxías que se implementan, ou mellor dito, ás que non se potencian nin impulsan nos centros debido ao encorsetado do temario (ás veces tamén ao temor do propio profesorado de non estar á altura en canto a formación e outras ás poucas facilidades das propias direccións dos centros e, por suposto, da administración).
“Habrá que recuperar contenidos”, “con el cierre de colegios se está perdiendo mucha materia”, “sigue buscándote la vida como docente, como si no pasara nada”, “es que nadie puede vivir si no sabe química orgánica”, “ya verás cómo llegan al curso siguiente, sin saber nada”, “el currículo es imprescindible”, “pues con todo esto ganarán los que nunca hacen nada”, “ni virus, ni viras, el curso sigue”, etc,etc,etc.
Eu son profesor. O alumnado que aparece nas miñas listas, maiores de idade na súa totalidade, é moi diverso, con situacións moi diferentes. Hainos que abandonaron despois do primeiro trimestre, algúns moi motivados, outros non tanto; hainos que ían a clase todos os días, e os que ían cando podían; hainos que traballaban ao mesmo tempo, e os que estaban no paro, e algúns que de cando en vez os chamaban para incorporarse; hainos que se esforzaban moito, ou os que non o precisaban; hainos con competencias dixitais asombrosas, e hainos con carencias importantes; algúns con medios informáticos suficientes, e outros que só contaban cos medidos do instituto. Cada alumno/a pode encaixar en varias destas categorías, facendo a cada persoa única na aula.