Webinar: Ampliando a mirada a outras realidades: confinamento, educación e accesibilidade.

Webinar: Ampliando a mirada a outras realidades: confinamento, educación e accesibilidade.

Para iniciar o ciclo de Webinar de FOANPAS contamos coa presencia de 3 poñentes que nos falaran dende a sua experiencia.

Vivimos unha época difícil, complexa, excepcional. É unha experiencia nova para todos e todas.

  • Como están a vivir o confinamento as crianzas NEAE?
  • Que supón para as suas familias?
  • Como xestionan o cambio de rutinas?
  • Como está a ser a comunicación entre os centros de ensino, as familias e as crianzas?

Charlaremos con tres familias que nos van a contar como está a ser a súa experiencia nesta situación tan extraordinaria.

Interveñen:

  • Paula Verde Francisco.
  • Lara Paula Naya Couto.
  • Pilar Abades Rodríguez.

Modera: Óscar Souto.

Acompáñasnos?

Baixo o convenio de FOANPAS co Concello de Vigo: