Skip to content

PORTAL TRANSPARENCIA ANO 2023

O art. 3 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno no seu apartado b) establece a obrigatoriedade para as entidades privadas que durante o periodo dun ano perciban axudas ou subvencións públicas nunha contía superior a 100.000 euros ou que como mínimo o 40% do total dos seus ingresos teñan carácter de axuda ou subvención pública de facer pública dita percepción, indicando o importe, obxectivos e beneficiarios das mesmas.

Polo tanto, para dar cumprimento a esta disposición normativa amósase a continuación un breve resumo das axudas percibidas pola FOANPA durante o exercicio económico 2023, e así mesmo detallaranse brevemente os gastos ocasionados tanto pola xestión diaria propia da federación, como aqueles outros vencellados a programas específicos relacionados coa súa actividade.

INGRESOS

INGRESOS VENCELLADOS A AXUDAS OU SUBVENCIÓNS PÚBLICAS

A FOANPA percibiu no ano 2023 axudas públicas por un importe total de 884.659,70€ sendo a súa desagregación como segue:

1 – Convenio co Concello de Vigo: esta axuda percibiuse distribuída en 3 pagos ó longo de todo o exercicio, ascendendo o total a 606.039,31€. Cabe destacar que no presente ano tamén se percibiu a cantidade de 36.366,00€ como resultado da redución do prezo dos menús diarios ós comensais fixos dos comedores escolares.

2 – Axudas destinadas ó cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas anpas dos centros públicos non universitarios da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, o ingreso corresponde o curso escolar 2021-2022, cun importe de 160.330,58€.

3 – Axuda para o financiamento de actividades das confederacións e federacións de anpas dos centros públicos non universitarios da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, pertencente o exercicio 2022 e cun importe final de 2.332,00€.

4 – Axudas destinadas pola Xunta de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero para as anpas dos centros educativos públicos non universitarios de Galicia e para o desenvolvemento do Plan Corresponsables, ascendendo os importes totales durante 2.023 a 6.283,00€ e 34.600,00€ respectivamente e que corresponden aos exercicios 2022 e 2023.

INGRESOS PROVENIENTES DOUTRAS FONTES DE FINANCIAMENTO

1 – Os correspondentes ó cobro do rappel aplicado mensualmente polas empresas de catering Alimentación Saludable Gallega, S.L. e Calidus Catering Services, S.L. e que ascenderon respectivamente a 22.266,15€ e 12.897,66€.

2 – Aqueles provenientes da cota anual cobrada ás anpas asociadas á Federación, e que ascenderon a 3.545,00€.

Os importes amosados no gráfico corresponden ó percibido durante o ano 2023, incluíndo os mesmos axudas pertenzentes ao exercicio ou curso escolar anterior.

GASTOS

Seguidamente exponse unha gráfica resumindo brevemente as partidas de gasto da FOANPA no exercicio 2023, atendendo a que foron destinadas (autoxestión, comedores, formación, actividades extraescolares e aulas matinais), tendo en conta asimesmo a fonte da que procede o seu financiamento.