Comisión de COMEDORES ESCOLARES

Comedores Escolares xestionados por FOANPAS

Actualmente a rede de comedores xestionados por FOANPAS a conforman as seguintes EEIs e CEIPs:

Neste último curso 2018-2019 cada día servíronse aproximadamente 2.250 comidas nestes 25 comedores, con total capacidade de variedade de dietas e calidade alimentaria. O decreto polo que se regula o funcionamiento dos comedores escolares de centros públicos non universitarios podedes leelo eiquí

O Concello de Vigo mediante convenio de colaboración coa Concellería de Educación de Vigo acordou destinar una axuda para os usuari@s dos comedores escolares nos colexios públicos de Vigo a través da xestión e responsabilidade de FOANPAS (Rede de comedores de FOANPAS). Esta axuda vai destinada a financiación dunha parte do menú fixa, que cada ano acórdase coa aprobación da Asamblea Xeral.

Os requisitos macro para formar parte da rede de comedores:

  • Ser un colexio público situado no Concello de Vigo
  • Estar asociado a FOANPAS e nomear un/unha responsable de comedor pertencente a ANPA do devandito centro público.

Para leer as bases de comedores da rede de  Foanpas 2019/20 mais polo miudo: bases anpas ( curso 2019-2020) e as bases de comedores do curso 20/21 marcada pola COVID19 a podedes descargar eiquí.

Comisión técnica comedores

Esta comisión está formada polos representantes das ANPAS. Reúnese unha vez o mes cos representantes do catering e nesta reunión están presentes ademáis os representantes da empresa adxudicataria, a técnica de comedores de Foanpas (que tódolos días lectivos do curso escolar come nun dos comedores da rede de FOANPAS para facelos informes) e @ responsable da comisión de comedores de FOANPAS.

As súas funcions principais:

  1. Estudio e selección da empresa adxudicataria do servizo de catering e cuidado das crianzas nos comedores da rede a través da ferramenta xurídico-técnica do prego comedores último 25 01 2018 , que sae a concurso público cada dous anos.
  2. Supervisión mensual dos menús basais, dietas, incidencias técnicas ou sancións, calidade e cantidade. Control sobre o personal de servizo (Responsable do comedor da empresa, cuidadores e educadores), a sua ratio (15 nen@s/1 monitor) e a normativa laboral  . Faise tamén control sobre o enxoval necesario para o servizo, mesas e instalacións. Protocolos de limpeza tanto da empresa adxudicataria do catering coma da empresa de limpieza do centro escolar.

Comisión de convivencia de comedores

Esta comisión e moi importante para nós, xa que pensamos que o tempo de comida dos nen@s é tamén unha parte do período formativo que debería estar incluido na educación obligatoria. Así transmítense os valores de hixíene persoal, convivencia entre iguais, a diversidade na sociedade e a resolución de conflictos. A empresa adxudicataria debe ter un proxecto educativo que leve a cabo o longo dos dez meses que dura o servizo. Esta comisión está formada pola pedagoga de FOANPAS, a responsable de Convivencia de FOANPAS, responsable da empresa adxudicataria e a técnica de comedores de Foanpas. Función principais:

  1. Facer unha xuntanza mensual ca empresa adxudicataria para a resolución de conflictos no ámbito da convivencia e adoptar as medidas axeitadas os protocolos e a normativa dos comedores escolares da rede aprobados nos Consellos escolares dos respectivos CEIPs.
  2. Desenrolar as iniciativas do proxecto educativo da empresa adxudicataria e as propias iniciativas da comisión (concurso de receitas de av@s, concurso de pequenos contos, etc)

COMEDORES ESCOLARES DA REDE FOANPAS CURSO 20/21 MARCADA POLA PANDEMIA DA COVID19

Despois de pasar un verán en constante loita coa Administración educativa da Xunta de Galicia, para conseguir un protocolo específico para os comedores e aulas matinais xestionados polas ANPAS asociadas a Foanpas e refrendado en Asamblea Xeral Extraordinaria, os comedores escolares comenzaron no mes de Outubro a súa apertura paulatina ata o mes de Novembro no cal estaban abertos 24 dos 25 comedores escolares da rede de Foanpas, ainda que con un 30% de aforo de nenos e nenas inferior a un curso escolar ordinario. Estáse a levar un estricto control de posta en marcha dos comedores (incluindo facer un test serolóxico ou de Antíxeno COVID19 as monitoras e monitores da empresa de catering) e o cumprimento do Protocolo de adaptación ao contexto da COVID19 nos comedores escolares e aulas matinais específico para as ANPAS asociadas a Foanpas.

A maiores estáse a facer unha verificación da calidade na ventilación dos comedores escolares da rede un por un, mediante medición das ppm de CO2 con medidor NDIR.

Contrato prorroga de un curso escolar asinado entre FOANPAS e a empresa de catering ARUME polo curso 20/21