Reflexións de Chus Iglesias.

Reflexións de Chus Iglesias.

Pese a levar adicada ao ensino varias décadas , xa hai meses que me decatéi de que en realidade levo media vida aprendendo deles…eses seres tan sabios que saben e sinten sen artificios, que coñecen o valor- e non o precio- das cousas importantes da vida, valentes con maiúsculas , tan xenuinos e imprescindibles que ata o virus sabe que ten que respectalos. Pero parece que nós non damos aprendido a mirar coma eles, pese a que se nos encha a boca falando da importancia das emocións, de inclusión, das competencias básicas,de igualdade, da educación en valores e de unha chea de cousas das que pensamos con gran osadía que sabemos moito…

Estamos a vivir case o que podería ser un “experimento social” no que está en xogo a importancia da labor presencial nas institucións escolares, no que máis que nunca a fenda dixital visibiliza desigualdades tremendas; temos a certeza de que moitas familias están sendo afectadas por traballos de alto risco, perdas de seres queridos, despidos ou precariedade no ámbito laboral e un longo etc, e pese a todo , na súa ampla maioría se esforzan día a día en atallar as carencias dos días sen cole, con e sen medios, con e sen formación. Tamén a temos de que o profesorado estase a reiventar, implementando estratexias, argallando recursos novos…un gran reto no que se pretende o imposible, a normalidade pero no que , por outra banda, está en xogo o dereito dos menores á Educación, sen maís debates!

Ogallá tivera razón Celáa cando dixo que ninguén debería saír perxudicado, pero imos pensar que pode ser unha boa declaración de intencións, sempre e cando axuden poñendo os medios …porque compren xa medidas a longo e medio prazo .

Chus Iglesias.

Mestra.