Skip to content

METODOLOXÍAS CARROÑEIRAS PARA CORPOS INVERTIDOS

METODOLOXÍAS CARROÑEIRAS PARA CORPOS INVERTIDOS

Cando: SÁBADO 25 DE MAIO DE 2024

Hora: 19:00 h

Onde: Auditorio Municipal de Vigo

(Praza do Rei, 1, Vigo)

Entrada libre ata completar o aforo

Actividade dirixida a persoas maiores de 16 anos.

Conferencia escénica, bastardía disciplinar, onde se mesturan coñecementos teóricos e prácticos a través do humor, tendo como eixo central a disidencia sexo-xenérica na escena. Esta conferencia freak xorde da necesidade de expandir e traducir á linguaxe escénica o proceso de investigación académica da tese doutoral “Sexualidades Des-Xeneradas” nun proceso de busca de carroña metodolóxica e incoherencia corporal. Un dos obxectivos desta peza é pasar polo corpo os coñecementos teóricos manexados dentro da proposta, partindo de diversos conceptos e referentes que nos axudan a conformar xenealoxías diversas, xenealoxías dislocadas que cuestionan a historia heterocentrada.

Actividade financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero