Opinión de Xoán Lombardero sobre a Propostas do Consello Escolar do Estado
As propostas efectuadas polo Consello Escolar do Estado, a 7 de abril, relacionadas coa situación excepcional que estamos a vivir, semellan, nunha primeira lectura, acoller e entender a diversidade e diferenzas sociais e de accesibilidade tecnolóxica que existen na poboación. No texto presentado aparecen referencias ás diferenzas socioeducativas, e son presentadas distintas modulacións a respecto das avaliacións. Porén, nunha lectura máis demorada, estas alusións do Consello parecen non ter outra función que a dunha constancia que logo non opera de forma conclusiva. Incorpórase no texto mais non naquilo que se recomenda.
Read More »Opinión de Xoán Lombardero sobre a Propostas do Consello Escolar do Estado