Skip to content

Aportación de Jose Luis Gil, pai dunha nena de 6º de infantil.

Somos proxenitores dunha nena con necesidades especiais que se encontra flexibilizando 6º de infantil nunha escola pública.  O noso , por tanto, é un deses casos que no rascuño do Consello Escolar do Estado se “despacha” com un parágrafo no que o 70% do texto se limita a falar da protección e medios para os traballadores dos centros de educación especial. (Que tamén é importante…).

Que queremos decir? Pois que despois de 4 anos no sistema de educación pública, sentir que estamos ao marxe, ou que todo fica en palabras bonitas, mas os medios e a realidade son os que son, non é novidoso, nen o COVID -19 mudou nada.  Dependemos da sorte de que che toque unha mestra entregada (como a deste ano) , ou que non che toque.. Depende dos medios dos que dispoñas de xeito particular, para intentar axudar ao desenvolvimento das suas capacidades. 

Como estamos a viver este momento? Pois intentando aproveitar a oportunidade de pasar mais horas do que nunca levamos pasado coa nosa filla. Aprendendo dela e aprendendo con ela. Descubrindo mais cousas do seu carácter, das suas habilidades,… Estamos en positivo.

Naturalmente é difícil compatibilizar o teletraballo, coa atención a nena. Resulta complicado realizar todas as actividades que desde a escola nos envían posto que a relación país/fillos non é a mesma que tutores/alumnos, perde fácilmente a concentración e quer brincar en todo momento. Non podemos adicarlle TODO o tempo. Tamén non hai que adicarlle TODO o tempo…temos que ter, ela e nos, o noso espazo.  

Temos medios, unha vivienda tranquila, non   sentimos por agora, ameazados os traballos. A mestra manten contacto con nos, envianos tarefas adaptadas ao seu desenvolvimento. Do mesmo xeito mantemos contacto con todas as terapeutas que nos axudan con ela.

Por agora o ficar na casa non está a representar un excesivo problema.  Non era moi de rua, e non era moi de amigos, asi que nese plano , ben. Alterouse o sono, e o retorno as ruas pode ser complicado, pois xa tiña medo as aglomeracións…

No noso caso, o curriculum, os contidos, temario, etc… non son, nen eran, prioritarios. Vamos a outro ritmo, temos otras necesidades, seica especiais .  Por tanto, se examinan ou non, e como o fan, non vai con nos.  Desde a barreira, que opinamos? Que hai crianzas que están avanzando temas, con aulas online e país adicados a eles 3, 4 e 5 horas ao día e que hai crianzas que non poden adicar nen 1 hora ao  repaso do xa dado. Que isto vai afondar, ainda mais, na fenda entre clases sociais.

Pensamos que as crianzas non van voltar neste curso as escolas (ten sentido retomar o curso con 1 mes?) que non deben ter que estudar no verao, e que se debe comezar a traballar xa en incluir os temas que non se deran este ano, no próximo ou próximos cursos.

O único motivo para retomar o curso presencial por pouco que dure, non está vinculado aos temarios e sí ao social, ao emocional. Se é seguro para eles poder voltar a estar xuntos, o feito de retomar o contacto cos amigos, cos mestres, dar por rematado o curso dun xeito “normal” e por en común as vivencias sería positivo. Pensamos que o que se imparta en esas aulas presenciais teria que ir mais vinculado a analizar o que pasou, o que está pasando, o que pode pasar, que a repasar sumas, ríos, ou listas de reis mortos ha 300 anos.

Con todo, consideramos que a nosa filla está respondendo ben a situación que estamos a vivir e confiamos en que poida recordar todo isto como unha experiencia da que saiu reforzada a nosa relación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *