Ainda que cun pouco de retraso, xa está na nosa canle de YouTube este interesantísimo vídeo da charla sobro COVID-19 que o médico e divulgador científico, Ignacio Crespo, impartiu dentro do ciclo de Webinars de FOANPAS.
Este maio raro de confinamento, pasará á historia como o ano do Coronavirus, e non como o ano que a nosas letras festexan a figura de Ricardo Carvalho Calero. Hai xa ben anos que dende moitos sectores da cultura e do intelectualismo do noso país, estase a demandar o recoñecemento público a unha figura importantísima das nosas letras, da nosa cultura, do noso ensino e da nosa política, pero non foi ata este ano, que a Real Academia da Lingua Galega soubo recoñecer a súa figura. Este ano raro de confinamento, será un ano raro para por en valor e facer un xusto recoñecemento a esta figura, polo que dende FOANPAS, decidiu recompilar textos, vídeos e ligazóns para facilitar esta homenaxe e dar a coñecer esta gran figura da nosa lingua e cultura.
Os webinar realizanse mediante Hangouts Meet, e poden asistir 240 persoas. Tras a exposición de cada participante haberá un turno de preguntas por chat que… Read More »Como funcionan os Webinars de FOANPAS.
Neste segundo Webinar deste ciclo de VideoCharlas que estamso a realizar baixo a amparo do convenio con Concello de Vigo, contamos con Coral Elizondo para falarnos de como podemos realizar a teledocencia seguir un DUA (Deseño Universal de Aprendizaxe). A charla foi presentada por Paula Verde, Vicepresidenta de FOANPAS e membro da comisión NEAE, que escribiu a seguinte reflexión: