Skip to content

CONTADA ADICA A XELA ARIAS

Cando: LUNS 14 DE NOVEMBRO DE 2022

Hora: 17:00 H.

Onde: CEIP IGREXA-CHAPELA (Subida á Buraca, 36320, Chapela)

Magnífica actividade con música e intérprete de lingua de signos para toda a familia, maiores e crianzas. Con esta formación preténdese promover a lectura, a compresión oral en galego, o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística favorecendo o coñecemento de mulleres galegas, neste caso Xela Arias.

A actividade será impartida pola compañía Polo Correo do Vento.

Actividade financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.