Skip to content

O AMOR ROMÁNTICO, UNHA BARREIRA PARA CONSTRUÍR RELACIÓNS SAS.

Como afecta o ideario do amor romántico na construción das relacións? Este será o tema central desta actividade que nos mostrará esta circunstancia e nos ofrecerá ferramentas ao noso alcance para axudar ás nosas crianzas a ter relacións de amizade e amor máis sas, enriquecedoras, libres e sen violencia.

Será impartida por Chis Oliveira (catedrática en Filosofía, docente e experta en educación sexual con perspectiva de xénero) e Priscila Retamozo (politóloga e experta en xénero).

Actividade financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.