AUTOESTIMA E CONFIANZA CORPORAL

Cando: MARTES 15 DE NOVEMBRO DE 2022
Hora: 17:15 H.
Onde: LOCAL A MORADA
(RÚA R. ENRIQUE XABIER MACÍAS, 6 – VIGO)

“Non nacemos odiando o noso corpo, aprendemos a facelo”. Aprenderemos a recoñecer que hai detrás das nosas emocións e pensamentos e a identificar cal está sendo a súa función. Como se conforma a nosa autoestima e identidade? Aprenderemos estratexias para potenciala e conformala dunha forma máis amable e compasiva.

Será impartida por Alba Cobo Gayoso, graduada en Tradución e Interpretación con certificación para dar formación sobre gordofobia, cultura de dieta e xénero, alimentación consciente e intuitiva e promoción da autoestima e confianza corporal en adolescentes.

*Actividade financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.