Skip to content

superfoanpas

Carvalho Calero. Letras Galegas 2020.

Este maio raro de confinamento, pasará á historia como o ano do Coronavirus, e non como o ano que a nosas letras festexan a figura de Ricardo Carvalho Calero. Hai xa ben anos que dende moitos sectores da cultura e do intelectualismo do noso país, estase a demandar o recoñecemento público a unha figura importantísima das nosas letras, da nosa cultura, do noso ensino e da nosa política, pero non foi ata este ano, que a Real Academia da Lingua Galega soubo recoñecer a súa figura. Este ano raro de confinamento, será un ano raro para por en valor e facer un xusto recoñecemento a esta figura, polo que dende FOANPAS, decidiu recompilar textos, vídeos e ligazóns para facilitar esta homenaxe e dar a coñecer esta gran figura da nosa lingua e cultura.

Read More »Carvalho Calero. Letras Galegas 2020.

Video: La educación inclusiva en tiempos complejos. Retos y oportunidades con Coral Elizondo

Neste segundo Webinar deste ciclo de VideoCharlas que estamso a realizar baixo a amparo do convenio con Concello de Vigo, contamos con Coral Elizondo para falarnos de como podemos realizar a teledocencia seguir un DUA (Deseño Universal de Aprendizaxe). A charla foi presentada por Paula Verde, Vicepresidenta de FOANPAS e membro da comisión NEAE, que escribiu a seguinte reflexión:

Read More »Video: La educación inclusiva en tiempos complejos. Retos y oportunidades con Coral Elizondo

Video : Ampliando a mirada a outras realidade: confinamento, educación e accesibiliade.

O xoves 30 de Maio iniciamos un novo xeito de formación e difusión en FOANPAS. Este evento duro dúas horase contou coa presencia virtual de máis de 50 persoas en directo. Xa editamos o video e agora está dispoñible na nosa canle de YouTube.

Read More »Video : Ampliando a mirada a outras realidade: confinamento, educación e accesibiliade.