Skip to content

Como funcionan os Webinars de FOANPAS.

Os webinar realizanse mediante Hangouts Meet, e poden asistir 240 persoas. Tras a exposición de cada participante haberá un turno de preguntas por chat que o moderad@r leerá as/os poñetes.

Como funciona.

Hangouts Meet e moi doado de usar:

Se o fas dende un PC simplemente precisamos ter instalado Google Chrome ou Mozilla Firefox, e accedemos á ligazón da webinar.

Se o facemso dende un móbil ou tablet hai que ter instalada a APP de Meet. Ou a buscamos na tenda de APPs ou premendo na ligazón se non temos á aplicación abrirá a tenda de APPs e indicaranos que a instalemos.

Se tedes algunha dúbida tentaremos resolvela en: tic@foanpas.com

Nova forma de acceder.

Pensando nas persoas que tñen tarifas de datos limitadas, escasos dispositivos ou problemas para acceder a internet, habilitamos un novo xeito de participación nos Webinars, mediante chamada telefónica.

Este acceso non ten custo se se dispón dunha tarifa plana de voz, podese facer dende un móbil ou dende un fixo.

Hai aque chamar ao número que se indica en cada webinar, e pedirá un PIN, que se indica tamén nos datos de difusión do webinar, tras o PIN pulsamos # e xa podemos escoitar. Por defecto estaremso muteados, ou sexa non se nos escoitará, se queremos participar, basta con premer *6.

Máis información técnica, contactar con: tic@foanpas.com

Futuros Webinars.

Estamos tentando pechar un elenco variado de charlas. A nosa idea e relizar unha por semana nas vindeiras 12 semanas.

Organización.

Todo isto e posible grazas o traballo do persoal técnico da federación, á implicación d@s voluntari@s que a conforman e ao convenio co Concello de Vigo:

E a aportación tecnolóxica de Google mediante o seu programa de Google Nonprofit: