Educación Pública en tempos confinados.
PROFESOR
Eu son profesor. O alumnado que aparece nas miñas listas, maiores de idade na súa totalidade, é moi diverso, con situacións moi diferentes. Hainos que abandonaron despois do primeiro trimestre, algúns moi motivados, outros non tanto; hainos que ían a clase todos os días, e os que ían cando podían; hainos que traballaban ao mesmo tempo, e os que estaban no paro, e algúns que de cando en vez os chamaban para incorporarse; hainos que se esforzaban moito, ou os que non o precisaban; hainos con competencias dixitais asombrosas, e hainos con carencias importantes; algúns con medios informáticos suficientes, e outros que só contaban cos medidos do instituto. Cada alumno/a pode encaixar en varias destas categorías, facendo a cada persoa única na aula.
Read More »Educación Pública en tempos confinados.