Skip to content

Xornada de Igualdade e Coeducación de FOANPAS no IME

O vindeiro sábado 19 de Outubro en xornada matinal teremos a Xornada de Igualdade e Coeducación no salón de actos do IME de Vigo. Nestas Xornadas contaremos ca presenza de @CarmenRuizRepul, Profesora de Socioloxía da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, coma ponente na charla: “Aulas libres de violencia: o papel das familias” e posteriormente teremos a mesa redonda “Convive coeducando nas ANPAS” coa presenza de Anpas pertencentes a Foanpas con programas de traballo específico neste ámbito (ANPA A Lameira do CEIP Josefa Alonso, ANPA de CEIP Paraixal e ANPA do CEIP Valle Inclán). Faremos entre ambas charlas unha pausa para o café e a apertura da Xornada estará a cargo do Concelleiro de Educación do Concello de Vigo, Gorka Gómez, @gorkavigo .

Contaremos con servizo de ludoteca para que poidades deixar as crianzas de 3 a 12 anos (previa Inscrición).

Tamén contaremos con intérprete de Lingua de Signos.

Podedes inscribiros (data límite o 17 de Outubro) mandando e-mail a: foanpas@foanpas.com ou no teléfono 986298812.

AGARDÁMOSVOS