O coronavirus non gañará: Potenciemos as nosas defensas.

O coronavirus non gañará: Potenciemos as nosas defensas.

O COVID19 é unha enfermidade causada por un virus novo e, por elo, ninguén posúe anticorpos que poidan facernos inmunes fronte a ela.  A nosa mellor opción é tratar de previr o contaxio evitando expoñernos ó virus, por iso o illamento e todas as medidas de hixiene que se recomendan son tan importantes.

O noso sistema inmune é o encargado de protexernos fronte a este virus e loitar contra el. É fundamental manter unha boa alimentación, variada e saudable, para ter un sistema inmune forte e que poida enfrontarse a tope ó virus se este chama á porta.

3 cousas que non conveñen á nosa alimentación.

O bo funcionamento do noso sistema inmune vai depender de aspectos diversos, algúns dos cales  non podemos modificar,  pero outros si. Entre estes últimos está o decidir como nos alimentamos:

  • NON debemos basear a nosa dieta en alimentos ultraprocesados  (refrescos, galletas, precociñados, bolería, salsas …), altamente calóricos, pero de baixo valor nutricional. Estes alimentos poden provocar un mal funcionamento do sistema inmune.
  • NON nos convén levar unha dieta con pouco valor calórico ou escasa en nutrintes, xa que non permite ó noso sistema inmune realizar correctamente todas as súas funcións.
  • NON son bos nin o alcohol nin o tabaco, xa que tamén afectan dunha maneira negativa ó noso sistema inmune.

¿Que alimentos poden axudar ó noso sistema inmune?

O sistema inmune non depende de ningún alimento en especial, senón dunha boa dieta en xeral, pero, tamén é verdade que hai algúns micronutrintes especialmente relevantes para el, como son:

  • A VITAMINA A ten un efecto directo sobre o sistema inmune ó influenciar a formación e diferenciación dos glóbulos brancos (células encargadas de defender ó organismo das infeccións). En combinación coa vitamina D forman un equipo moi forte. Se o aporte dunha das dúas é deficiente, a outra non actuará de forma óptima. Pódese atopar nos alimentos que aparecen na imaxe inferior.
  • A VITAMINA D é probablemente a máis controvertida do grupo. É certo que é bastante sinxela de aportar na dieta, fíxate nos alimentos que son fonte de esta vitamina na imaxe inferior. Pero tamén é importante que, se podes, procures sacar a cabeza pola fiestra e respirar aire fresco, xa que a pel produce vitamina D ó exporse directamente á luz solar.

Ó ter que quedar na casa, pode ser interesante tomar suplementos de esta vitamina (pero moito ollo cos suplementos, non debemos caer no erro de empezar a tomalos  a destro e sinistro, xa que son innecesarios, e, débense tomar cando hai unha carencia xustificada). Hai estudos que incluso se están plantexando a idea de aportar a vitamina D á poboación xeral dados os seus beneficios fronte ó virus. Unha opción interesante sería a de facerse con produtos enriquecidos en vitamina D. Xeralmente os lácteos cumpren esta norma.

  • A VITAMINA C tamén participa en moitas funcións do sistema inmune, pero se tomas froitas e verduras en abundancia non deberías ter ningún problema. É mellor tomar estes alimentos en cru, porque a vitamina C pérdese ó cociñalos. Na imaxe móstranse os alimentos con maiores cantidades desta vitamina.
  • O SELENIO é necesario para producir selenoproteínas, axentes importantes na resposta inmune e antiinflamatoria.

O alimento máis rico en selenio son as noces do Brasil (coquitos) con dúas de elas ó día teriamos suficiente. Outros alimentos que conteñen selenio son os que se mostran na imaxe. Procura incluír algún destes alimentos na túa dieta.

  • O ZINC tamén fortalece o sistema inmune, prevén os refriados e coida do teu cabelo, pel e unllas. A cantidade diaria recomendada está arredor de 55mg. En mulleres embarazadas ou en época de latancia pódese aumentar ata os 60mg-70mg; en crianzas 40mg. Podemos atopalo en maior cantidade nos alimentos da imaxe.
  • ESPECIAS como o allo, cúrcuma e xenxibre; herbas como o  té verde e fungos como a seta shiitake ou reishi , tamén pode ser interesante incluílos na nosa alimentación porque hai evidencias de que tamén favorecen que o noso sistema inmune se manteña forte.

Agora está na túa man coidar a túa alimentación para fortalecer o teu sistema inmune e estar mellor preparad@ para o que veña. Moito ánimo!

Equipa FOANPAS.

(Texto elaborado por Mónica Calvo Serrano (psicóloga), traducido o galego por María Jesús Granja (pedagoga de Foanpas) e maquetado por Óscar Souto (Secretario de Foanpas e especialista en TIC).