Skip to content

“MACHITROL: PÍLULAS POLA IGUALDADE.” DIVERSIDADE.

Machitrol: pílulas pola igualdade” é un programa que busca facer reflexionar de maneira crítica sobre o machismo que impera na sociedade. Nesta pílula, o tema a tratar será a Diversidade de familias, de gustos, de identidades, de xeitos de expresarnos, etc. Poñese en valor a diversidade. Financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.