#EUSONDAPÚBLICA #BACHARELATOARTESREDONDELA

FOANPAS APOIA ESTA REIVINDICACIÓN DA FEDERACIÓN DE REDONDELA!!!!
Acompáñanos o 4 de febreiro ás 19:30 diante do Concello de Redondela.
Manifesto 👇👇👇

MANIFESTO BACHARELATO DE ARTES 4 DE FEBREIRO 2022 

Redondela é un pobo de artistas. En Redondela respírase arte e cultura en cada unha das súas parro quias, en cada unha das súas rúas, en cada un dos seus lugares. Redondela é terra de Maios, terra de Entroidos, sexan de inverno ou de verán, terra de Títeres, terra de Festivais de música sexa do Millo Verde, Berete Rock ou o Arde Rande. Redondela é terra de grupos musicais, do Conservatorio e da Escola de Música. Redondela é lugar de literatura. Arte hai tanta en Redondela que até o lixo se converte en arte! 

E a arte e a cultura non só son creación, imaxinación ou liberdade tamén son economía. Son secto res produtivos que dan de comer a miles de familias en Galiza. É un sector do presente cun enorme futuro. Pensemos no teatro, a danza ou a música, mais tamén no deseño gráfico, o son, o audiovi sual, a creación plástica. A arte e a cultura, no século XXI, no ano 2022, son sectores estratéxicos dun país. Sen arte e sen cultura non hai progreso, non hai benestar. Un pobo que non coida e ali menta a cultura e a arte, perde a o tren do ben vivir. 

Para non perder este tren, a formación é fundamental. A formación de mozos e mozas que pensan nun futuro profesional e laboral ligado á arte e á cultura. Unha formación que comeza no ensino e ten no bacharelato un punto de elección crucial: a posibilidade de cursar a modalidade de Arte. Po sibilidade que en Redondela non existe. Redondela, que acolle ao estudantado de bacharelato de Pa zos de Borbén, non conta con toda a oferta pública de bacharelato existente.  

A Federación de ANPAS de Redondela, que reúne a 13 ANPAS de centros públicos de Redondela e Pazos de Borbén, vén desenvolvendo unha actividade intensa para que se implante o Bacharelato de Artes en Redondela. O pasado xuño, o pleno municipal votou de forma unánime a favor de esixir á Xunta este bacharelato. O pasado mes de setembro, a Comisión de Educación do Parlamento de Ga licia comprometeuse a implantar o bacharelato sempre que houbera demanda. 

Pasados cinco meses desde aquela data, a Xunta de Galicia non ten movido un dedo para facer cum prir o seu compromiso. A un mes do inicio do prazo de admisión do alumnado de bacharelato, a Consellaría emite unha nota de prensa afirmando que non ten intención de implantar o bacharelato porque a lei vai cambiar. Cortiñas de fume, mentiras e medias verdades que retratan as verdadeiras intencións deste goberno. 

Antes estes feitos, preguntámonos: 

Onde está escrito na nova lei que non se poida implantar o Bacharelato de Arte en Redondela?  

Onde queda a palabra dada polo partido do goberno na Xunta que se comprometeu a cuantificar a demanda de bacharelato de arte en Redondela como requisito previo á súa implantación?  

E o máis importante,

Onde quedan os dereitos do alumnado de Redondela e comarca de optaren a toda a oferta pública de bacharelato?  

Onde queda o respecto ás familias, estudantes e profesorado deste concello que merecen ser atendi dos nas súas demandas e non desprezados nun comunicado de prensa?  

A cidadanía de Redondela e comarca esixe que se faga cumprir o dereito de toda moza e mozo a contar con todas as opcións de estudo de bacharelato en Redondela. Esixe que sexa tratada como o que é, unha cidadanía de primeira. Esixe un Bacharelato de Arte para Redondela, xa! 

As asociación, federacións, colectivos, artistas e persoas particulares abaixo asinantes apóstamos pola formación e educación como arma de futuro, apostamos polos dereitos a un ensino de calidade e comprometémonos publicamente a loitar para que se repare esta inxustiza histórica en Redondela. 

BACHARELATO DE ARTES PARA REDONDELA XA! 

ASINA O MANIFESTO PICANDO AQUÍ: 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdpdgcCpNNAt53SsYHQvM0Eg4l6vhhNwasj4Pr04ayJmETB4Q/viewform?usp=pp_url