Skip to content

EDUCAR NA SEXOAFECTIVIDADE

Cando: MÉRCORES 31 DE MAIO DE 2023

Hora: 16:30 H.

Onde: UNED, AULA 5.3 (Av. da Beiramar, 57)

Se non fala con nós, onde aprende a/o nosa/o filla/o sobre sexualidade? É a influencia do cine educación? Que ensina a pornografía? O control é amor?”. Crearemos un espazo de encontro para familias onde compartir e analizar as ideas e experiencias acerca das nosas relacións afectivo – sexuais, así como as mensaxes que transmitimos ás nosas crianzas acerca da afectividade, o amor e a sexualidade.

Será impartido por  Erea Devesa  Valledor, pedagoga e sexóloga especializada en igualdade de xénero e responsable do proxecto Con Xeito Sexoloxía.

Inscricións: foanpas@foanpas.com ou 986 29 88 12