Skip to content

CONTACONTOS UNHA HISTORIA DE AMOR

Cando: XOVES 23 DE NOVEMBRO DE 2023
Hora: 17:00 H.
Onde: CEIP RAMÓN Y CAJAL “PICACHO”
(Rúa Marqués de Valterra, 8, Vigo)

Inscricións: foanpas@foanpas.com ou no 986298812

Magnífica actividade con música e intérprete de lingua de signos para toda a familia, maiores e crianzas. Con esta formación preténdese promover a lectura, a compresión oral en galego, o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística favorecendo o coñecemento de mulleres galegas, neste caso MªVictoria Moreno.

A actividade será impartida pola compañía Polo Correo do Vento.
Actividade financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.