Skip to content

Cocentración Praza da Estrela, diante da Xunta. Por unha volta segura as aulas.

               Concentración en vigo 08/09/2020, Praza da Estrela, diante da Xunta. Pedimos:

  • Que se establezan directrices específicas acompañadas de valoración, actuación e certificación de equipos técnicos (educación e sanidade) que garanten a seguridade nos centros educativos dende a entrada as instalacións ata a saída así como os medios materiais.
  • Distancia física mínima entre estudantes de 1,5 m en todas as direccións,  e en todalas actividades (entradas e saídas, comedores, transporte, madrugadores, etc)
  • Uso xeral de máscaras nos centros educativos e no transporte escolar, subministradas polas administracións, contemplando e regulando as posibles excepcións por necesidades didácticas ou de saúde.
  • Redución de ratios de xeito que se respecte esta distancia mínima en todolos niveis e etapas educativas
  • Contratación de máis persoal para garantir a atención ao alumnado e o cumprimento das medidas de protección e a eventualidade de ter que simultanear ensino presencial e a distancia.
  • Negociación e regularización de eventuais adaptacións de horarios.
  • Avaliación de riscos individualizada para cada centro por parte do Servizo de Prevención de Riscos Laborais e que a Administración asuma as súas responsabilidades sen delegar nas familias, nas direccións ou nos docentes.
  • Presenza de persoal sanitario en cada centro.
  • Aplicación das condicións anteriores ao 12 de xullo para a xestión das solicitudes de vulnerabilidade.
  • Garantir a atención ao alumnado con necesidades educativas especificas de apoio educativo.
  • Incrementar o orzamento para dotar aos centros cos equipos e o material necesarios, para alumnado e profesorado, así como para afrontar os gastos derivados do subministro de material de protección e hixiene pola COVID, de xeito que ditos gastos non recaian nos propios centros.
  • Aumento do persoal de limpeza, que é o que está realmente capacitado para esta función, nin o alumnado nin o profesorado.

Solicitamos a todalas familias que os días de folga 10 e 16 de setembro non envíen aos seus nenos e nenas aos centros educativos.

Estamos nun momento moi delicado no ensino publico e agora máis que nunca temos que visibilizar e valorar o que significa a comunidade educativa facendo un esforzo na vía das reivindicacións que toda comunidade educativa está a demandar.