Skip to content

ACTIVIDADE FORMATIVA PATIOS VIVOS

  • by

Prezadas familias,

Empezamos unha serie de formacións encamiñadas ás novas pedagoxías e as acadar comunidades educativas inclusivas e cohexionadas.

A primeira formación vai encamiñada a vivir e pensar os patios das escolas como lugares de aprendizaxe e disfrute. Veremos por que é necesario intervir nos patios das escolas, como podemos facelo e cal é o camiño con maior probabilidade de éxito, ademais de resolver as dúbidas e preocupacións que con máis frecuencia aparecen.

E se transformamos o patio da escola?

A idea é o comezo. e aparecen as gañas, a ilusión, as tormentas de ideas… e as dúbidas e os conflitos. Como resolvemos? Como seguimos? Ata onde podemos?

Miudiño S.Coop.Galega leva anos percorrendo Galicia axudando e guiando ás comunidades educativas na transformación dos seus espazos escolares.

Anímaste a participar?

Enviámosvos o cartaz con toda a información. É precisa inscrición previa co fin de garantir as medidas preventivas contra a COVID-19. Con tal motivo, pregámosvos que nos confirmedes a vosa asistencia ou baixa, se esta se producira.

Contaremos cun espazo paralelo para as crianzas (de entre 4 e 12 anos) a cargo de Faia Educación Ambiental, cunha proposta de actividades que non as deixará indiferentes.

Xogo dos novelos de la
Sementando co compost
Danza libre das estacións
Actividades de Ioga
Pintando aromas

Importante inscribir tamén ás crianzas (obrigatorio o uso de máscara).

Inscricións por orde estrito de reserva tanto para adultas como para crianzas. Prioridade comunidades educativas de centros públicos.

Lugar: Verbum
Data: Venres 28 de maio 2021
Hora: 17:30

Para o espazo de crianzas prégase chegar 10-15 minutos antes.

Agardámosvos!

Comisión de Formación de Foanpas.