Skip to content

Xornada igualdade “Adolescentes en redes. Ciberviolencias, novas formas de relación e vellas desigualdades”

 

 

 

VENRES 28 de Outubro DE 2019

Hora: de 17:00 a 19:00 h

Lugar :  IME (Camiño do Chouzo no 2 – Vigo)

Esta charla está dirixida a nais, pais e docentes dos centros de ensino público. Nela coñeceremos como se moven as crianzas nas redes sociais e como son as novas relacións que establecen a través das mesmas. Así, poderemos obter ferramentas para xestionar o seu uso e as situacións que se producen a raíz do mal uso.

Será impartida por Ianire Estébanez (@ianireestebanez), Psicóloga, Máster en intervención en violencia contra as mulleres e especialista en prevención de violencia e bo trato. É autora do blogue “Mi novio me controla … lo normal”, espazo de referencia en internet para a prevención da violencia de xénero.

Contaremos con servizo de ludoteca para crianzas de 3 a 12 anos (previa inscrición e se hai un número mínimo).

Inscricións no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com

Un saúdo.

A COMISIÓN DE CONVIVENCIA E A XUNTA DIRECTIVA DE FOANPAS

NOTA: Enlace a YouTube da charla