“Machitrol: pílulas pola igualdade” é un programa que busca facer reflexionar de maneira crítica sobre o machismo que impera na sociedade. Nesta pílula, Consentimento. Faranse reflexións acerca da importancia do consentimento, de expresar o “non” dun xeito claro e asertivo cando algo non nos gusto e de aceptar o “non” alleo cando nolo din. Financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
LIGAZÓN: https://youtu.be/V4Gpsi9d7wc