Este maio raro de confinamento, pasará á historia como o ano do Coronavirus, e non como o ano que a nosas letras festexan a figura de Ricardo Carvalho Calero. Hai xa ben anos que dende moitos sectores da cultura e do intelectualismo do noso país, estase a demandar o recoñecemento público a unha figura importantísima das nosas letras, da nosa cultura, do noso ensino e da nosa política, pero non foi ata este ano, que a Real Academia da Lingua Galega soubo recoñecer a súa figura. Este ano raro de confinamento, será un ano raro para por en valor e facer un xusto recoñecemento a esta figura, polo que dende FOANPAS, decidiu recompilar textos, vídeos e ligazóns para facilitar esta homenaxe e dar a coñecer esta gran figura da nosa lingua e cultura.
Ricardo Carvalho Calero é a figura máis importante e prolífica, en canto o número de obras publicadas, da cultura galega do século XX, foi o primero profesor e catedrático de lingüística e literatura galega, e é o pai do reintegracionismo como corrente normativizadora da lingua galega.
Faremos aquí unha breve escolma da súa vida:
Ricardo Carvalho Calero naceu en 1910 en Ferrol, onde comezou a publicar os seus primeiros versos. Estuda Dereito e Filosofía e Letras en Compostela, onde entra en contacto co galeguismo e con movementos culturais, en particular co Seminario de Estudos Galegos. Foi esta unha época de intensa militancia política para Carvalho, integrado no movemento nacionalista e participando no activismo estudantil. Colabora durante moitos anos coas revistas literarias máis destacadas (A Nosa Terra, Nós, Guión, Galicia, Resol, Universitarios, Papel de Cor) e os seus libros poéticos, primeiro en castelán e logo en galego. Carvalho Calero foi un defensor da causa republicana e loitou neste bando, polo que durante a ditadura franquista estivo en prisión. Concluíndo a súa condena, volta a Galicia, onde restablece os contactos con galeguistas que quedaron no país. Durante estes anos, desenvolveu un traballo de investigación moi importante, iniciado coa súa tese doutoral, “Aportaciones a la revista gallega contemporánea”, que foi o antecesora da Historia da literatura galega contemporánea do ano 1963. Dous anos despois, gañou un posto na escola secundaria Rosalía de Castro de Santiago. En 1972 foi nomeado titular da cátedra de Lingüística e Literatura Galega.
Os estudos de Carvalho centráronse tamén na lingua, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego, a pesar da férrea oposición que atopou polo camiño, foi un forte defensor das teses etimolóxicas que teríían continuidade no movemento reintegracionista, feito que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida.
Ademais da súa extensa obra de ensaio, cultivou a poesía, definíase a si mesmo como poeta (Vieiros, 1931; Poemas colgados dun pelo, 1952; Pretérito Imperfeito, 1980; Cantigas de amigo e outros poemas, 1986; Reticências, 1990 …) , o teatro (Catro pezas: A sombra de Orfeo, Farsa das
zocas, A arbre, Auto do prisioneiro, 1971; Teatro Completo, 1982) e a narrativa (Xente da Barreira, 1950; Scórpio, 1987).
Membro da Real Academia Galega desde 1958, finou en Compostela en 1990.
Máis información sobre a sua bibliografía:
https://carvalhocalero.lbd.org.es
https://carvalho2020.gal/vida/
Aquí pode ampliar información sobre a súa extensa obra, xa que foi o escritor máis prolífico do século XX, abarcando os seguintes xéneros: poesía, ensaio, novela, teatro, epistolar, e a súa non menos importante faceta de columnista e conferenciante:
https://carvalhocalero.lbd.org.es/obra/ https://carvalhocalero.lbd.org.es/bibliografia-sobre-o-el/
https://carvalho2020.gal/obra/
https://carvalhocalero2010.net/bibliografia
Pai do reintegracionismo.
Destacando a súa figura como o pai do reintegracionismo, que a
continuación explicaremos o que foi e o que é:
O galego, como dizia Castelao, é um idioma extenso e útil, porque com pequenas
Ricardo Carvalho Calero
variantes se fala em diversos lugares de distintos continentes
“Evoluçom histórica da lingua galega”, em Letras galegas, 1984, AGAL, p.31
O galego ou é galego-português ou é galego-castelam”
Ricardo Carvalho Calero
“Sobre a nosa lingua, em Problemas da Língua Galega, Sá da Costa Editora, 1981, pp. 19-21 conferencia
do clube Linguístico da Crunha, 7 fevreiro 1979”
A fala da Galiza, o português de Portugal, o português de Brasil, e os outros português dos distintos territórios lusófonos formam um único diassistema linguístico, conhecido entre nós popularmente como galego e internacionalmente como português.”
Ricardo Carvalho Calero (1910 – 1990)
Filólogo e escritor galego do século XX, o primeiro Catedrático de Língua e Literatura Galegas, considerado
o grande pensador do reintegracionismo linguístico.
Opinión de Eduardo Maragoto presidente de AGAL sobre Carvalho Calero como protagonista do Dia das
Letras Galegas 2020: https://www.youtube.com/watch?v=YplM5L2qgJ4
Aquí pode ampliar información sobre o movemento reintegracionista:
https://a.gal/o-que-e-o-reintegracionismo/
Gustaríanos tamén compartir con todos/as vós documentais sobre a súa
vida, traballo e conversas para adultos:
1.- Entrevista a Eduardo Maragoto, profesor e presidente de AGAL, Associaçom Galega da Língua de quen Ricardo Carvalho Calero é membro de honra, na rádio galega: http://www.diariocultural.gal/letras-galegas/letras-galegas-2020-entrevista-a-eduardo- maragoto-profesor-e-presidente-de-agal/?_tcode=d2o0dXQy
2.-Entrevista a Henrique Rabuñal, profesor e autor da biografia ‘Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra’ que publica Galaxia e a Henrique Dacosta, profesor e autor do volume ‘Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético’. Na rádio galega, no diário cultural: http://www.diariocultural.gal/letras-galegas/letras-galegas-2020- entrevista-a-henrique-rabunal-e-a-henrique-dacosta/?_tcode=cGdxZ2g0&fbclid=IwAR0VJG09mj- J4EYZORClGEIEqaatYxk4Fr5qF7gb7JmL0_JKj7_hGI2gPVw
3.- Filgueira Valverde, o escritor homenaxeado no Día das Letras 2015, dá nome a un documento fundamental para entender a história do galego contemporaneo: o “Decreto Filgueira”, que em 1982 oficializou a normativa do galego que chegou os nosos dias, derrogando as imediatamente anteriores de Carvalho Calero. Decreto Filgueira (documentário realizado por Ozo Perozo) explica os antecedentes deste acontecemento desde os anos 70.
4.- Adela Figueroa lembra a entrega e rigor profesional de Ricardo Carvalho Calero. Pírulas audiovisuais que amosan o lado máis persoal do homenaxeado das Letras Galegas 2020.
5.- Entrevista con D. Ricardo Carvalho Calero – Ramom Reimunde, 1985
6.- Vieiros de Esperanza: Ricardo Carvalho Calero
Documental biográfico sobre Ricardo Carvalho Calero rodado no 2014. Vieiros de Esperanza percorre a vida e a carreira de don Ricardo como conversa, desde a súa infancia en Ferrol ata a súa retirada en Compostela. Tamén tenta
comprender o por que do día das Letras Galegas, un recoñecemento que por sorte chega no 2020 para facer xustiza coincidindo co 110 aniversario do seu nacemento.
7.- Mª Pilar Garcia Negro: Lembrando a Carvalho Calero no seu centenario
Intervención de Mª Pilar García Negro nas xornadas I “Rosalía de Castro, Luís Seoane, Carvalho Calero e Uxio Novonevra; a afirmación da língua” organizadas por CIG-Ensino e a AS-PG. Conferencia en Compostela o 11 de Novembro de 2010
Tamén queremos compartir con todos/as vostedes algúns vídeos e recursos para que poidas xogar e compartir cos teus fillos/as
Especial Ricardo Calero
Vídeo elaborado polo IES de Arzúa para achegarnos á figura de Ricardo Carvalho Calero, o autor ao que se lle dedica o 17 de maio, día das Letras Galegas 2020.
Video As pitas baixo a choiva. Ricardo Carvalho Calero
Os Bolechas. Carvalho Calero
https://www.lingua.gal/recursos/outros/_/letras-galegas/2020/contido_0011/bolechas-carvalho- calero
1.- Desde a web Aulas galegas propoñen moitos recursos, xogos, vídeos e música para ampliar coñecementos da figura de Carvalho Calero
2.- Desde a web creada por AGAL para homenaxear a figura de Carvalho Calero tamén propoñen moitos recursos
A equipa de FOANPAS quere agradecer a:
Rute Pallares, integrante da ANPA do CEIP Paraixal, pola redacción do artigo.
As regueifeiras de Sechu Sende e Maré A Muda que, pensando nas crianzas, e de xeito desinteresado, enviáronnos este marabilloso vídeo para explicar a figura de Carvalho Calero.