MANIFESTO CONCENTRACIÓN –PERFORMANCE DE FOANPAS FRONTE O PROTOCOLO EDUCATIVO NOS CENTROS EDUCATIVOS GALEGOS NA PANDEMIA DO COVID19
Benvidos a tódalas familias da Escola Pública de Vigo e Comarca a esta concentración –representación dunha aula COVID19 no próximo curso escolar segundo as directrices da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e de esta maneira poder reivindicar un protocolo de volta as aulas que poda garantir na medida do posible a seguridade e saude así como a convivencia dos nosos fillos e fillas e de tódola comunidade educativa nos centros escolares non universitarios.
