Skip to content

MANIFESTO CONCENTRACIÓN –PERFORMANCE DE FOANPAS FRONTE O PROTOCOLO EDUCATIVO NOS CENTROS EDUCATIVOS GALEGOS NA PANDEMIA DO COVID19

Benvidos a  tódalas  familias da Escola Pública de Vigo e Comarca a esta concentración –representación dunha aula COVID19 no próximo curso escolar segundo as directrices da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e de esta maneira poder  reivindicar un protocolo de volta as aulas que poda garantir na medida do posible a seguridade  e saude así como a convivencia dos nosos fillos e fillas e de  tódola comunidade educativa nos centros escolares non universitarios.

O protocolo COVID19 elaborado pola Consellería de Educación da Xunta, non nos convence, non está negociado coa comunidade educativa, entre eles as familias e por iso non nos tranquiliza. Ademais non fala en ningures de recursos de nengún tipo.

A Consellería de Educación da Xunta non vai invertir cartos apenas, na maior pandemia sanitaria do noso pais en mais de 100 anos, no protocolo só fala de invertir inicialmente con recursos materiais (xeles hidroalcoholicos, máscaras, sinalización, etc) e despois as seguintes compras xa terán que ser mercadas co presuposto de autoxestión dos centros educativos. E por iso que non reforza a volta as aulas con mais recursos de persoal docente, non docente, coidadores e monitoraxe para as actividades complementarias imprescindibels para a conciliación laboral e familiar.

Respecto o Servizo de comedores, que levamos mais de 15 anos xestionando, non prevee mais recursos materiais (mamparas metacrilato, monitoraxe, tempos das quendas axeitados, etc) que fagan posible que tódolos nenos e nenas que queiran utilizar este Servizo podan facelo e así  teremos que utilizar criterios de baremación que non somos quen de facelo e ademáis non queremos porque non sabemos que é mais prioritario, si a realidade socioeconómica ou a realidade de conciliación laboral . Para as aulas falan  dunha distancia de seguridade dun metro (coma podedes ver nesta representación) que fai non imprescindible o desdobramento de aulas e a non contratación de profesorado para baixar a ratio de alumno por aula, mentras que para os comedores escolares e demais actividades matinais e extraescolares o protocolo fala de 1.5 metros de distanciamento. Se esto non se negocia e non temos recursos materiais e humáns estase  a valorar en deixar de xestionar o servizo de comedores escolares cara o próximo curso escolar. Ou sexa e un protocolo feito a medida da Consellería de Educación.

Deixa nas mans das direccións dos centros e nas  ANPAS todala responsabilidade da xestión do protocolo sanitario no centro, sen nengún recurso sanitario a maiores para valorar as circunstancias sanitarias dos nenos e nenas (Termómetros a distancia, enfermería escolar, etc). As familias que non estamos na obriga de xestonar os comedores escolares  non queremos asumir este protocolo sen unha negociación previa. O mesmo se estamos a falar das aulas matinais ou extraescolares. Exisimos esta negociación para levar a cabo unha conciliación imprescindibel nestes momentos tan críticos. Se algunhas familias sen recursos socioeconómicos nesta pandemia tan grave  tamén a nivel económico quedaran sen o Servizo de comedor no próximo curso escolar os seus fillos non terían nen sequera unha comida de calidade o día. Polo tanto este Protocolo non aposta pola conciliación nin pola xustiza social nestes intres tan delicados.

Denunciamos tamén, coma sempre, a falta de apoios de  profesorado orientador no protocolo COVID19 cara o alumnado NEAE  despois que tralo confinamento esta fora unha das fallas mais importantes que solicitaron as familias con este tipo de fillos e fillas.

A fenda dixital  que tanto preocupou no confinamento para que as nosas crianzas tiveran unha posibilidade de educación en liña, tampouco queda resolta neste protocolo COVID19, senon que di que a finales de Setembro  farán os profesores unha relación das necesidades dos seus alumnos se fora necesario un posterior confinamento. A formación obrigatoria dos profesores en tecnoloxías e educación en liña non está asegurada dunha maneira obrigatoria, coma pensamos que debería facerse se fora necesario un posterior uso destas tecnoloxias .

¡Compañeiras e compañeiros isto e unha vergoña e ademáis unha imposición a todolos  membros da Comunidade educativa!

Na situación sanitaria mais grave do último século no mundo occidental, a Consellería de Educación da Xunta de Galicia fabrica un protocolo “ad Hoc” para non dotar de nengún recurso material nin humán cara o inicio e desenrolo do próximo curso escolar 20/21. Polo tanto pedimos un protocolo axeitado a realidade que imos vivir, sempre sabendo que a seguridade sanitaria absoluta non vai existir nestas condicións, un protocolo que ampare a tódala comunidade educativa galega, que veña acompañado dunha dotación económica potente.

¡Que non sexa un Salvese quen poida como é o habitual deste Goberno electo da Xunta de Galicia!

¡Que garante a Igualdade de oportunidades e a Convivencia  para todos e todas como fai a Educación pública!

En Vigo a 28 de Xullo de 2020

XUNTA DIRECTIVA DE FOANPAS