Skip to content

Webinar: V XORNADAS DE IGUALDADE E EDUCACIÓN

  • by

V XORNADAS DE IGUALDADE E EDUCACIÓN

Cando: MARTES 17 DE NOVEMBRO DE 2020
Hora: 18:00 H.
Onde: FORMACIÓN ONLINE, WEBINAR con inscrición.



Será impartida por Mª Luisa Abad Abad, orientadora escolar na Consellería de Educación e Amada Traba Díaz, profesora da Universidade de Vigo, socióloga experta en xénero. Adentrarémonos no mundo da coeducación, coñecendo as eivas sobre as que hai que traballar e os recursos ao noso alcance para ser motores do cambio.

Para atender as necesidades das persoas con diversidade funcional, contaremos con servizo de intérprete en lingua de signos para facilitar o acceso á información das persoas que se comunican a través da lingua de signos.

Inscricións: foanpas@foanpas.com ou 986 29 88 12