Skip to content

Webinar: O PACTO DE ESTADO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

  • by

O PACTO DE ESTADO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Cando: MARTES 28 DE OUTUBRO DE 2020
Hora: 18:00 H.
Onde: FORMACIÓN ONLINE, WEBINAR con inscrición.


Charla informativa sobre o Pacto de Estado impartida polas profesionais da Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo.

A Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos que ten como obxectivo atender ás demandas que día a día expoñen as mulleres que se achegan á Asociación, polo que dende o ano 1998 traballan no acompañamento ás mulleres en procesos de violencia abarcando todas as necesidades detectadas, así como na formación en xénero e a denuncia social.

Para atender as necesidades das persoas con diversidade funcional, contarase con servizo de intérprete en lingua de signos para facilitar o acceso á información das persoas que se comunican a través da lingua de signos.


Inscricións: foanpas@foanpas.com ou 986 29 88 12