FALANDO EN FAMILIA DA DIVERDIDADE AFECTIVA E DE XÉNERO
Cando: MARTES 20 DE OUTUBRO DE 2020
Hora: 18:00 H.
Onde: FORMACIÓN ONLINE, WEBINAR con inscrición.
Nesta actividade faremos un achegamento a que é a diversidade afectiva – sexual e de xénero e como a podemos abordar na familia, dende cativos/as e de diferentes formas.
Será impartida por Elisabet Pérez Costas, fundadora de Nós Mesmas, educadora social, especializada no tratamento educativo da diversidade e leva 11 anos impartindo formación sobre diversidade afectivo-sexual e de xénero en centros educativos, a profesorado e nas asociacións de familias de alumnado.
Para atender as necesidades das persoas con diversidade funcional, contarase con servizo de intérprete en lingua de signos para facilitar o acceso á información das persoas que se comunican a través da lingua de signos. .
Inscricións: foanpas@foanpas.com ou 986 29 88 12.