Webinar: CON TODAS E TODOS, COMO TODAS E TODOS

Webinar: CON TODAS E TODOS, COMO TODAS E TODOS

XORNADAS “CON TODAS E TODOS, COMO TODAS E TODOS”
Cando: SÁBADO 21 DE NOVEMBRO DE 2020
Hora: 9:30 H.
Onde: FORMACIÓN ONLINE, WEBINAR con inscrición.



Xornadas dirixidas á comunidade educativa dos centros de ensino público nas que intervirán profesionais dos eidos da educación e da atención a diversidade que tratarán aspectos relacionados coa diversidade funcional e coa educación inclusiva, entendendo esta como un dereito dos/as nenos/as e das familias e unha obriga para o profesorado.

Para atender as necesidades das persoas con diversidade funcional, contarase con servizo de intérprete en lingua de signos para facilitar o acceso á información das persoas que se comunican a través da lingua de signos.

Inscricións: foanpas@foanpas.com ou 986 29 88 12