Skip to content

Solidarizamonos c@s alumn@s do IES Punta Candieira de Cedeira e expoñemos eiqui o noso parecer.

En relación ao acontecido no IES Punta Candieira de Cedeira (A Coruña) dende FOANPAS queremos por de manifesto o noso sentimento. Non compartimos a retirada da exposición elaborada polo alumnado deste centro dentro da actividada programada pola equipa da biblioteca.

Tal e como argumenta o profesorado deste grupo, a retirada desta exposición en un martelazo á liberdade de expresión e a creación do alumnado, dereitos recollidos na Constitución e na lei educativa vixente (LOMCE).

Que valores transmite unha institución educativa con esta acción? Como estamos educando? Que sociedade queremos, unha reproductiva (borregos) ou unha creativa e construcitva? Este feito supón unha desmotivación para o alumnado participante. A reflexión que farán que non se respecta o seu traballo, que non paga a pena o esforzo entón, para que facer algo?

Precisamos persoas que sexan activas, cretaivas, que participen, que se mobilicen, que xestionen as súas emocións, que practiquen a cultura da non violenciam  que teñan pensamento crítico. Temos que ser conscientes que educamos co exemplo, e todo o que facemos e dicimos, educa, polo que hai que pensar nas consecuencias que iso terá, máis nun contexto educativo.

Reflexionemos entón o que supón a retirada desta expsición, preguntémonos por que este poema. “Odio… odio… odio… odio… odio…” Que hai detrás destas verbas? Que nos queren dicir @s adolescentes que crearon este poema?

Non calemos ante situacións como esta, sexamos axentes activos na construción da sociedade. Unha sociedade da que tod@s temos moito que dicir e facer. Manifestémonos e deixemos que cadaquén se manifeste e construamos entro tod@s unha sociedade na que os piares sexan a convivencia, o respecto, o diálogo e a paz.

O noso apoio é equipa de docentes implicad@s que forman o grupo de traballo da biblioteca e a todo o alumnado que participou neste proxecto,

FOANPAS
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.