Skip to content

Resolución Asamblea Xeral Extraordinaria de FOANPAS do 13 de Agosto de 2020 sobre o protocolo COVID.

O xoves 13 de Agosto de 2020 FOANPAS celebrou unha Asamblea Xeral Extraordinaria, median a modalidade mixta presencial no exterior do IME e on-line meadian Hangout-Meet para permitir a maior participación e garantir a seguridade sanitaria, tan precisas nestes tempos.

O gallo da asamblea era debatir sobre o protocolo COVID que sacou a Consellería de Educación. Dita asamblea tomou a seguinte e importante resolución:

RESOLUCIÓN DA ASAMBLEA DE FOANPAS

Reunidas ás 17:00 H do día 13/08/2020 no exterior do edificio do IME, 35 ANPAS da Federación representadas en online e en presencial.

Por unanimidade as ANPAS de FOANPAS resolven que:

  • Faremos un plante da xestión de actividades chamadas complementarias (aula matinal, comedor escolar e extraescolares) que xestionamos dende fai mais de 20 anos que son esenciais para a conciliación laboral-familiar e neste intres socioeconómica se antes do día 20 de Agosto a Administración autonómica competente na materia, ou sexa a Consellería de Educación non asume as seguintes demandas:
    • Protocolo concreto sanitario e de distribución dos espazos axeitados (validado por inspector sanitario ou persoal equivalente da Consellería) e específico para cada un dos centros de ensino no que se refire a:
      • Aulas matinais, entradas e saidas, grupos de convivencia, materiais de desinfección, mascarillas, etc
      • Comedores escolares, horario de inicio, quendas asumibles, monitoraxe necesario para cumprir o protocolo, grupos de convivencia, materiais de separación entre usuarios (mamparas), aulas ou espazos utilizabeis, xeles hidroalcohólicos, panos desbotables, etc..
      • Actividades extraescolares, é posible facer calquer tipo de actividade extraescolar (deportes de contacto, etc).
    • Fornecer cos recursos necesarios de tipo material (xeles hidroalcohólicos, mamparas, panos desbotables, sinalización, etc) para levalos a cabo, cumprindo o protocolo específico e os recursos humáns necesarios para cumprimentar as quendas e atender o alumnado NEAE (coidadores/as para alumnado NEAE).
    • Persoal específico de desinfección (resolvelo rápidamente cos Concellos concretos que son os responsables da desinfección)
    • Facilitar o contacto directo entre o Centro de Saúde adxudicado ócentro escolar e as ANPAS (equipo COVID19 do centro escolar) que xestionan todos estos servizos complementarios para solventar dúbidas que piuderan xurdir.
    • Deixar por escrito no Protocolo de adaptación o contexto da COVID19 nos centros de ensino non universitario da Consellería de Educación que a responsabilidade de tódolo acontecido e as consecuencias sanitarias da adaptación do Protocolo COVID19 será da Administración autonómica (educativa ou sanitaria) que é a autora deste Protocolo e non as ANPAS.
    • Facer fincapé que no Protocolo de adaptación o contexto da COVID19 non se garantiza o peche da fenda dixital ou fenda tecnolóxica (falta de dispositivos ou conectividade) que será un posible escenario que é probable aconteza novamente nos vindeiros meses polo confinamento parcial ou total do alumnado.
    • Dar resposta a grande incertidume que ten tódala comunidade educativa (as familias sobre todo) sobre o distanciamento interpersoal de seguridade que reflexa o Protocolo COVID19 de 1 metro entre os centros das cadeiras onde se sentan nosos fillos/fillas e a falla de rigurosidade científica nese plantexamento do protocolo (10 de Maio de 2020), xa que provoca que haxa a mesma cantidade de alumnos nas aulas pre-COVID19 (25 alumnos/as) que nas aulas do período COVID (25 alumnos/as) como máximo e sen máscara.

¿Cómo é posible que en tódolos demais regulamentos/decretos das Administracións estatal ou autonómica o distanciamento interpersoal de seguridade sexa de 1,5 metros a lo menos?