Presentamos esta interesantísima iniciativa de Sonia Leiro, alumna de Educación Social na facultade de Ourense.
Estamos en Rede nace da incertidume que estamos a vivir debido á pandemia do COVID-19.
Estamos ante unha situación á que nunca antes tivemos que afrontarnos, e por iso, todo o que fagamos vainos definir como sociedade, é neste intre no que a Educación Social ten que servir como nexo e dar ferramentas para que todas as persoas continuen co seu desenvolvemento, sen esquecer que nos necesitamos entre nós.
Pretendemos conectar de novo a nenas e nenos, procurando a cooperación e a comunicación entre estes/as e as súas familias, pero non só iso, estamos en tempos de reinventar o lecer e dende este proxecto ofreceranse novas opcións para xogar e divertirse acorde coas circunstancias que hoxe vivimos.
Para inscribirte manda un mail a: estamosenrede@foanpas.com








