O art. 3 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno no seu apartado b) establece a obrigatoriedade para as entidades privadas que durante o periodo dun ano perciban axudas ou subvencións públicas nunha contía superior a 100.000 euros ou que como mínimo o 40% do total dos seus ingresos teñan carácter de axuda ou subvención pública de facer pública dita percepción, indicando o importe, obxectivos e beneficiarios das mesmas.
Polo tanto, para dar cumprimento a esta disposición normativa amósase a continuación un breve resumo das axudas percibidas pola FOANPA durante o exercicio económico 2024, e así mesmo detallaranse brevemente os gastos ocasionados tanto pola xestión diaria propia da federación, como aqueles outros vencellados a programas específicos relacionados coa súa actividade.
INGRESOS
A FOANPA percibiu no ano 2024 axudas públicas por un importe total de 921.855,43€ sendo a súa desagregación como segue:
1 – Convenio co Concello de Vigo: esta axuda percibiuse distribuída en 3 pagos ó longo de todo o exercicio, ascendendo o total a 642.405,31€.
2 – Axudas destinadas ó cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas anpas dos centros públicos non universitarios da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, o ingreso corresponde o curso escolar 2022-2023, cun importe de 251.343,12€.
3 – Axuda para o financiamento de actividades das confederacións e federacións de anpas dos centros públicos non universitarios da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, pertencente o exercicio 2023 e cun importe final de 2.107,00€.
4 – Axudas destinadas pola Xunta de Galicia para financiar actividades de promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero para as anpas dos centros educativos públicos non universitarios de Galicia e para o desenvolvemento do Plan Corresponsables, ascendendo os importes totales durante 2.024 a 6.000,00€ e 20.000,00€ respectivamente e que corresponden aos exercicios 2023 e 2024.
Os importes amosados no gráfico corresponden ó percibido durante o ano 2024, incluíndo os mesmos axudas pertenzentes ao exercicio ou curso escolar anterior.
GASTOS
Seguidamente exponse unha gráfica resumindo brevemente as partidas de gasto da FOANPA no exercicio 2024, atendendo a qué foron destinadas (autoxestión, comedores, formación, actividades extraescolares e aulas matinais), tendo en conta asimesmo a fonte da que procede o seu financiamento, e sempre tomando en consideración o feito de que FOANPAS é unha mera canle para facer chegar ditas axudas aos seus destinatarios finais, as ANPAS, e o destinado á xestión da operativa diaria da federación (soldos do persoal, mantemento informático, gastos en xestoría, pólizas de seguro, entre outros) representa aproximadamente un 15 % do gasto total rexistrado, que en dito exercicio ascendeu a 914.228,92€.