“Por ESO” unha curtametraxe sobre igualdade e inclusión

FOANPAS ven de producir unha curtametraxe en colaboración coa Fundación Igualarte. Este curto reflicte dunha xeito directo unha realidade, moitas veces esquencida, e fai un chamamento a igualdade e a inclusión.

Co galo do #diamundialdiscapacidad FOANPAS e súa Comisión NEAE quer e convidarvos a visualizar esa producción.

Read More »“Por ESO” unha curtametraxe sobre igualdade e inclusión

FOANPAS ven de producir unha curtametraxe en colaboración coa Fundación Igualarte. Este curto reflicte dun xeito directo unha realidade, moitas veces esquencida, e fai un chamamento á igualdade de oportunidades e á inclusión.

Co gallo do #diamundialdiscapacidad FOANPAS e súa Comisión NEAE quere convidarvos á visualizción desta producción.

Vídeo coa presentación de IgualArte sobre esta curtametraxe que fixeron nas pasadas Xornadas NEAE organizadas por FOANPAS.

Imaxina que un dos teus soños é correr a maratón de New York. Imaxina que te decides a participar e poste mans á obra. Prepáraste durante meses, aforras para afrontar os gastos que supón … E chega o día e alí estás, disposta a dalo todo para rematar a carreira. E rematas, Que ilusión! Que satisfacción! Pero cando vas recoller o documento que acredita que corriches e que remataches, só che dan unha chea de fotos, pero nada oficial. É como se non correses. Que inxustiza! Que decepción! Que frustración! Como é posíbel?

Iso é o que está a acontecer a centos de rapaces e rapazas ao final de curso. O alumnado con diversidade ao que lle fan algún tipo de adaptación significativa, non recibe o título acreditativo cando remata o ensino obrigatorio. Durante anos esfórzanse para aprender, traballan para aprobar as diferentes materias, dedícanlle tempo… Porén, non reciben o título que si recibe o resto do alumnado. E que supón isto? Pois que un simple papel vaite impedir acceder a un posto de traballo, a unha oposición, a unha formación profesional, a unha carreira universitaria …

“Por ESO” esta curtametraxe. “Por ESO” esta denuncia. “Por ESO” esta reivindicación. “Por ESO” é preciso mudar a mirada e darlle a cadaquén o que lle corresponde por dereito.

“Por ESO”, unha escola para todos e todas, na que estar con todos e todas e na que participar e progresar como todos e todas.

Moita grazas a todas e todas as persoas que participástedes, colaboradoras, impulsoras, etc.

CON TODAS, COMO TODAS