Skip to content

PÍLULA ACCESIBILIDADE: O DEREITO QUE NOS UNE!!!

Nesta pílula a temática é a accesibilidade cognitiva, comunicativa, física e sensorial. Hai que ter en conta que, como di a Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade: “a discapacidade é un concepto que evoluciona e resulta da interacción entre as persoas con discapacidade e as barreiras debidas á actitude e ó entorno que evitan a súa participación plena e efectiva na sociedade, en igualdade de condicións coas demais”. Polo tanto, quen discapacita é o entorno: as barreiras arquitectónicas, as barreiras de comunicación, as barreiras cognitivas, a falta de adaptación de actividades, a falta dos apoios necesarios…

Unha sociedade baseada na accesibilidade universal facilita a participación e normalización en todo o que realizamos: estudar, xogar, formarse, traballar, desfrutar do ocio, das relacións sociais, etc.

A accesibilidade universal non só beneficia ás persoas con discapacidade, un mundo accesible é un mundo para todas as persoas.

SEN ACCESIBILIDADE NON HAI DEREITOS!!!!!!

FOANPAS
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.