Skip to content

MINDFULNESS PARA TRABALLAR A IGUALDADE DE XÉNERO

Cando: XOVES 26 DE OUTUBRO DE 2023
Hora: 17:00 H.
Onde: 5º ANDAR DA UNED – AULA 5.3
(Auditorio Mar de Vigo – Avenida de Beiramar 57, Vigo)

Inscricións: foanpas@foanpas.com ou 986298812.

Actividade dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino públicos.

Mediante as técnicas de relaxación e a mellora do benestar emocional, introduciranse conceptos vinculados coa igualdade de xénero, fomentando a creación de redes entre as persoas asistentes. O mindfulness ten un efecto positivo no estado emocional das persoas e incrementa os niveis vinculados á asertividade e ó empoderamento.

Será impartida por Lucía Fernández Coutado, educadora social, técnica en violencia de xénero e mediadora intercultural.

*Actividade financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.