“Machitrol: pílulas pola igualdade” é un programa que busca facer reflexionar de maneira crítica sobre o machismo que impera na sociedade. Nesta pílula, o tema a tratar é a pornografía. Pensar na pornografía, en como inflúe na vivencia do noso corpo, da nosa sexualidade e nas relacións.
Música: “Jazz Comedy”, “Moose” from Bensound.com Financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.