“Machitrol: pílulas pola igualdade” é un programa que busca facer reflexionar de maneira crítica sobre o machismo que impera na sociedade e que condiciona o noso día a día. Pretende ser unha ferramenta para nais, pais e docentes que facilite o tratamento de diferentes temáticas.

Nesta pílula, o tema a tratar é os roles e estereotipos de xénero nas profesións. A través deste vídeo fomentarase o coñecemento e a reflexión sobre os roles e estereotipos de xénero nas profesións.
Financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.
Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Ligazón con Lingua de signos:
Ligazón con subtítulos:
