Familias que teñen menores con beca de comedor en centros escolares de Vigo, con rentas inferiores a 300€ per cápita, deben enviar un correo a axuda.comedor@vigo.org co nome do menor, e o centro no que están escolarizados e o número de conta IBAN para o ingreso.
Familias que teñen necesidades con menores non becados de comedor, ou sen menores. Enviar un correo a ofi.central@vigo.org ou chamar ao 010. As unidades de traballo social valorarán o procedencia do apoio económico mediante os Programas contra Desafiuzamentos e Emerxencia Social.
Maiores con necesidade de recibir axuda para realizar compra de alimentación. Enviar un correo a ofi.central@vigo.org o chamar ao 010 cos datos de identificación, enderezo e teléfono.
Persoas maiores que residen sos e que precisan apoio do SAF (Servizo Municipal de Axuda no Fogar):
a) Atencions de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria (coidados personais, alimentación, etc.).
b) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda.
c) Acompañamentos fóra do domicilio (citas e xestións).
Enviar un correo a ofi.central@vigo.org ou chamar ao 010. Nestes casos os responsables do SAF farán unha valoración social previa.
Persoas sen fogar, durmindo na rúa: ofrecelles a posibilidade de aloxamento alternativo ou reparto de comida, tendo que facilitar neste caso nome e enderezo para levarlla.
Persoas que acudían regularmente aos comedores sociais: levaráselles a comida aos seus enderezos. Enviar un correo a ofi.central@vigo.org ou chamar ao 010 cos datos de identificación e o comedor social no que se lles está atendendo).
Familias de PSEAF (Programa socioeducativo de Apoio Familiar).
Valoraráse a procedencia do apoio económico mediante os Programas contra Desafiuzamentos e Emerxencia Social, previo informe dos educadores sociais.