Skip to content

II Recoñecemento “Suso Jares”

Hoxe, 30 de xaneiro, vimos de celebrar a paz, a non violencia e a convivencia coa entrega do II Recoñecemento “Suso Jares” a experiencias e programas educativos de convivencia e cultura de paz, outorgado por FOANPAS e Nova Escola Galega. Foi un acto familiar, fermoso, cercano e bonito, no que a PAZ foi a protagonista e no que se lle entregou o recoñecemento ás Escolas Infantís Municipais Santa Cristina e Mestres Goldar e á Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia. Parabéns polo voso traballo en prol da convivencia e a cultura de paz.