Skip to content

I CONCURSARTES EN IGUALDADE

Bases “I CONCURSARTES EN IGUALDADE”

A) CONVOCATORIA E PARTICIPACIÓN.

  1. A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as de Vigo e comarca (FOANPAS) convoca o I Concursartes en Igualdade co obxectivo de que o alumnado dos centros de ensino público de infantil, primaria, ESO, bacharelato, FP básica e FP plasmen nunha obra de arte a súa visión da igualdade de xénero en calquera ámbito. Deste xeito, promovemos a reflexión e o espírito crítico das persoas que conformamos a sociedade.
  2. As obras irán acompañadas dun título e un pequeno texto explicativo (non máis dunha folla).
  3. Cada participante presentará un máximo dunha obra.
  4. As obras deben ser orixinais e inéditas e non poden ter sido premiadas en concursos anteriores.
  5. FOANPAS resérvase o dereito a eliminar do concurso aquelas obras que induzan a calquera tipo de violencia ou que fagan publicidade de calquera tipo de marca ou negocio.
  6. A falta de veracidade, a incorrección nos datos proporcionados polas persoas participantes, a falta de autoría ou orixinalidade permitirán a FOANPAS decidir a exclusión do concurso.
  7. As obras pasarán a ser propiedade de FOANPAS, que adquirirá o dereito pleno á súa utilización.

B) REQUISITOS PARA PARTICIPAR.

  1. Poderá participar calquera alumna e alumno dos centros de ensino público de Vigo e comarca.
  2. Enviar as obras en formato: fotografía e debuxo (png ou jpg) e literatura (pdf), en máxima calidade, cun tamaño máximo de 20 megabytes (MB) ao enderezo electrónico formacion@foanpas.com indicando os seguintes datos:
  • Asunto: CONCURSARTE EN IGUALDADE – FOANPAS 2022
  • Nome e apelidos da persoa participante. No caso do alumnado menor de idade, tamén se enviarán o nome e apelidos da nai, pai, titora ou titor legal.
  • Nivel que está a cursar a crianza no curso 2022/2023 e centro educativo ao que pertence.
  • Título e breve texto explicativo da obra.
  • Enderezo electrónico e teléfono de contacto. No caso de menores de idade será da nai, pai, titora ou titor legal.
  • A obra coa que se concurse enviarase como documento adxunto.

C) PRAZOS DE PARTICIPACIÓN.

O prazo de admisión de obras comezará o día 10 de outubro de 2022 e rematará ás 24:00 horas do día 4 de novembro de 2022.

D) SELECCIÓN.

Como o concurso leva acompañada a exposición e difusión do material que participe, haberá unha selección, dun máximo de 9 obras, para facilitar estas actividades.

E) ESPECIALIDADES E CATEGORÍAS.

As especialidades nas que se poden participar son as seguintes:

  • Fotografía.
  • Literatura.
  • Debuxo.

Establécense as seguintes categorías:

  • Infantil – Primaria.
  • ESO.
  • Bacharelato – FP Básica – FP.

F) PREMIOS.

Ofreceranse os seguintes premios:

  1. Fotografía: as 9 fotografías (3 por cada categoría) serán expostas nun centro educativo da escola pública.
    • 1º premio: Diploma, impresión da fotografía e lote de libros.
    • 2º premio: Diploma e impresión da fotografía.
    • 3º premio: Diploma e impresión da fotografía.
  2. Literatura: as 3 obras finalistas serán publicadas e entregaranse nas xornadas formativas que organice FOANPAS.
    • 1º premio: Diploma, entrega da obra impresa e lote de libros.
    • 2º premio: Diploma e entrega da obra impresa.
    • 3º premio: Diploma e entrega da obra impresa.
  3. Debuxo: as 9 obras escollidas (3 por cada categoría) serán expostas nun centro educativo da escola pública .
    • 1º premio: Diploma, pintado da obra nun mural dun centro de ensino e lote de libros.
    • 2º premio: Diploma e entrega da obra impresa
    • 3º premio: Diploma e entrega da obra impresa.

G) XURADO.

O xurado estará composto por:

  • Unha persoas da xunta directiva de FOANPAS.
  • Unha persoa da Comisión de Igualdade de FOANPAS.
  • Tres profesionais do eido do ensino, da igualdade, do deseño, da publicidade ou da arte.
  • Unha persoa representante do Concello de Vigo.
  • Unha persoa representante da Xunta de Galicia.

A resolución do concurso darase a coñecer directamente a todas as persoas participantes, nomeadamente a quen acade os premios, e informarase ás ANPAS federadas para que lle dean publicidade.

H) INCOMPATIBILIDADES.

As persoas que formen parte do xurado ou da directiva de FOANPAS, así como as súas fillas e fillos, poderán participar neste concurso, pero se resultasen gañadoras dalgún dos tres primeiros premios, non poderán percibir o agasallo que se entregue.

I) ACTIVIDADES POSTERIORES.

En novembro do ano 2022 realizarase un acto de entrega de premios acompañado dunha charla formativa sobre o papel da muller na arte.

Pódense realizar outros actos de difusión das obras en datas posteriores.

Os traballos seleccionados incorporaranse á páxina web e ás redes de FOANPAS.

Actividade financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.