segue a FOANPAS en Facebook    segue a FOANPAS en Twitter    segue a FOANPAS en Youtube   

Fontes de auga fronte a #climatecrisis e Árbore botellas plásticas de Nadal

Fontes de auga fronte a #climatecrisis e Árbore botellas plásticas de Nadal

Dende a Comisión técnica de comedores de @FoanpasV quixeron adoitar unha medida de loita contra o cambio climático nos comedores da rede que xestionamos, e coa colaboración de @ArumeTi e as Anpas, xa temos a primera Fonte de auga instalada no comedor do CEIP Valle Inclán. Con esta medida, poderemos aforrar o consumo de 1.800 botellas de plástico PET/ano,  só neste comedor. A medida da colocación de fontes nos comedores da rede irase extendendo ó longo deste curso escolar 19-20. Unha pequena gota que pode encher un océano de iniciativas fronte a #climatecrisis. Seguiremos informando…

  • Respecto a esta noticia queremos engadir este enlace sobor o desenrolo do proxecto de @FOANPAS

No mes de Novembro faranse os obradoiros naqueles CEIPS ou IES que queran colaborar no proxecto das tres R co plástico das botellas . Posteriormente na primeira semán do mes de Decembro queremos construir a árbore de Nadal no IME de Vigo, cas tiras das botellas xa preparadas (ver tutorial da como construir unha máquina de desfacer en tiras as botellas de plástico). Eiquí tedes o vídeo da nosa canle de YouTube da construcción do #arborenadalplastico nas instalacións do IME.

  • Así nestes dous últimos meses os comedores da rede Foanpas puxeron todo o seu empeño na reciclaxe e construcción de árbores de Nadal con ese material, para educar nas base de reducir consumo, reciclar e reutilizar os materiais plásticos. Deixámosvos eiquí algunhas imaxes desas árbores e usos así coma tamén a entrega do premio (en colaboración co catering @ArumeTi) para o gañador, o CEIP O Pombal.
O presidente de Foanpas fai entrega do premio as integrantes da ANPA O Pombal