Skip to content

FOANPAS apioa esta inciativa da Mesa pola Normalización Lingüística.

Prezadas amigas e amigos:

Mañá, quinta feira (xoves) 24 de febreiro, comezará o primeiro debate no Congreso do Proxecto de Lei xeral de Comunicación Audiovisual que se prolongará varias semanas. Este debate danos a oportunidade de tentar mudar unha proposta lexislativa que non garante un mínimo de igualdade para o galego, nen na dispoñibilidade en contidos foráneos nen para as producións propias.

Esta lei definirá o desenvolvemento do conxunto do audiovisual e das canles e plataformas de contidos televisivos nas próximas décadasSe non houber mudanza sobre o Proxecto de lei proposto polo goberno español o galego seguirá excluído da inmensa maioría da oferta de series e filmes.

Por isto, diversas entidades do sector audiovisual, do ámbito académico e da defensa lingua, elaboramos  a Iniciativa polo audiovisual en galego, unha proposta de emendas que estamos a presentar ao partidos políticos  para conseguir igualdade para o galego na dobraxe, lexendaxe, audiodescricións e financiamento de producións nos termos contemplados na Iniciativa Xabarín aprobada por unanimidade polo Parlamento galego.

Para o inicio do debate que terá lugar nos seguintes meses, propomos unha acción colectiva nas redes sociais que terá lugar de 9.00 a 13.00 horas do día 24 para o que precisamos da vosa axuda:

Difundir a Iniciativa polo Audiovisual en galego polas redes sociais e o voso ámbito de actuación. Para iso empregaremos o cancelo #AudiovisualEnGalego xunto a imaxes, vídeos e textos que evidencian a situación actual e propoñen alternativas.  Nesta ligazón https://drive.google.com/drive/folders/1rEjzkKdLXhdB-o3y8OnaEXSJQ7JMC6m4?usp=sharing deixamos algúns dos materiais que elaboramos e que podedes empregar libremente ou como orientación.

Se ademais de axudar á difusión desta campaña quixerdes realizar algún acto, conferencia ou debate ao respecto oferecémosvos a nosa total dispoñibilidade.

Galiza, 23 de febreiro de 2022, día de Rosalía.

A Mesa pola Normalización Lingüística