FALEMOS DE SAÚDE MENTAL
Cando: VENRES 29 DE NOVEMBRO DE 2024
Hora: 16:30 H.
Onde: VERBUM (Av. Samil, 17, Vigo)
INSCRICIÓNS: https://forms.gle/j1HB3TAhbJp63W3o9 ou en foanpas@foanpas.com.
A saúde mental é algo fundamental para o benestar das persoas. O ritmo de vida da sociedade, a esixencia e a presión están a agravar situacións de estrés, depresión, ansiedade, illamento ou atolesións que se están a dar nas nosas crianzas. É por iso que as persoas que formamos parte da comunidade educativa debemos informarnos para atallar estas situacións, detectalas e poder dar resposta cando se produzan para coidar da mellor maneira a saúde mental das nosas crianzas.
Contaremos coa participación de Asociación DOA, Arnela Gabinete e Adolece Plataforma.