Skip to content

Faladoiro “No camiño do vento” no IME

“No camiño do vento” será un faladoiro o día 19 de Novembro dende as 17:00 ate ás 19:00 no IME que versará en torno a este libro de poemas que forma parte do proxecto pola memoria de María José Mateo García, Sesé. É un libro contra a violencia machista que recolle os versos dunha muller marcada polo amor. Versos cargados de loita, de xustiza social, de esperanza, de enfermidades, de reinventarse e de amor. Neste libro atopamos poemas acabados e que ela compartiu e, os seus últimos poemas, acabados ou en proceso, que sobreviviron ao atentado machista que matou a Sesé. Contaremos ca presenza de Joshua Alonso Mateo, fillo de Sesé. Con él poderemos leer alguns poemas do libro, reflexionar e debater sobre a violencia machista e as suas consecuencias. En FOANPAS dispoñemos de varios exemplares que podedes solicitar en calidade de préstamo para ler: foanpas@foanpas.com ou no 986298812. Contaremos con servizo de ludoteca, previa inscrición (crianzas de 3 a 12 anos).

Pregamos a máxima difusión desta información entre a comunidades escolar do voso centro para que poidan leer o libro e participar nesta actividad programada.

Xunta Directiva de FOANPAS