Skip to content

#EUSONDAPÚBLICA

Prezada comunidade educativa,

 
Nos vindeiros días darán comezo as xornadas de portas abertas para dar a coñecer os nosos centros educativos de cara ao proceso de solicitude de centro no mes de marzo.
 
Temos que poñer en valor o traballo e esforzo que facemos día a día para acadar un ensino público de calidade: os nosos proxectos, as nosas instalacións, os nosos servizos e, sobre todo, as persoas que facemos posible todo isto e que lle damos calor e color á educación das nosas fillas e dos nosos fillos.
 
Propoñemósvos participar na campaña 
#EUSONDAPÚBLICA.
Como?
1. Gravade pequenos vídeos (de 30 segundos de duración, aproximadamente) nos que a comunidade educativa diga por que somos da pública ou por que escoller a escola pública. Entendemos que a comunidade educativa somos todas: crianzas, nais, pais, profesorado, persoal non docente, coidadoras, etc.
2. Os vídeos deben ser gravados en galego, con pictogramas ou lingua de signos.  
 
Cando?
1. Podedes enviarnos os vosos vídeos dende agora mesmo e ata o 24 de febreiro foanpas@foanpas.comIremos publicando os diferentes vídeos da campaña nas nosas redes sociais e na nosa páxina web, estade antentas. 
 
A escola pública é a que queremos. Animádevos a acompañarnos nesta viaxe de posta en valor do ensino público e participade, difundide e compartide a campaña.
 
Contamos con vós!
 
Un saúdo.
A Xunta Directiva de FOANPAS.