(PARA FAMILIAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA)
Cando: MÉRCORES 16 DE NOVEMBRO DE 2022
Hora: 17:00 H.
(Camiño Área do Lecer, 2, Vigo)
“Se non fala con nós, onde aprende a/o nosa/o filla/o sobre sexualidade? É a influencia do cine educación? Que ensina a pornografía? O control é amor?”. Crearemos un espazo de encontro para familias onde compartir e analizar as ideas e experiencias acerca das nosas relacións afectivo – sexuais, así como as mensaxes que transmitimos ás nosas crianzas acerca da afectividade, o amor e a sexualidade.
Será impartido por Erea Devesa Valledor, pedagoga e sexóloga especializada en igualdade de xénero e responsable do proxecto Con Xeito Sexoloxía.
*Actividade financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.